SOBRE PRIMEIROS CASTREXOS E ALGUNHA MOURA: O CASTRO DAS CROAS
Mateo Fontán Couto
Unha antiga lenda fala dunha moura que vive baixo o Castro das Croas nun palacio. Esta agochaba tesouros e aparecíase ás persoas que levaban o gando, coas cales pactaba riquezas por comida; ademais esixía o seu silencio sobre o que habían visto. Pero as mulleres dos homes que viran á moura conseguían que estes lle contasen o sucedido, tralo cal a desgraza caía sobre eles. Evidencian este tipo de lendas a sociedade de tipo patriarcal que imperaba no rural galego, onde as mulleres son vistas como causantes de males, consecuencia dun marcado machismo. A lenda fora recollida por José Casal e Lois –gran erudito pontevedrés– e tamén foi publicada por Murguía na súa afamada obra Galicia, polo que trátase dunha das lendas de maior popularidade na nosa terra.
Para saber máis:
Sito
en Salcedo,
no lugar de Birrete, o Castro
das Croas é o asentamento humano máis antigo do municipio de
Pontevedra. Son varios os atractivos arqueolóxicos,
artísticos e etnolóxicos que podemos descubrir nesta histórica
parroquia, a cal chegou a ser Concello: o pazo de Gandarón, a Misión
Biolóxica de Galicia, os muíños
do Batán, a igrexa de San Martiño, a capela de San Brais, o
cemiterio, petróglifos... todo rodeado dunha suxestiva natureza. O
miradoiro de Matalobos, sobre a cidade de Pontevedra, era un dos
lugares preferidos de Castelao, deixando nel unha pegada
que inmortalizaría, dende o exilio, nun fermosísimo
texto xa
coñecido como Meu
Pontevedra!
Os
habitantes destas terras eran moi conscientes, dende tempos
prehistóricos, da coñecida como depresión meridiana: unha
disposición natural apta para a construción de redes viarias. O
itinerario da vía romana XIX, que unía Bracara Augusta con Asturica Augusta, pasaba
por esta grande liña de fracturas que vai de norte (Carballo) a sur
de Galicia (Tui). Froito disto, sería a aparición do primeiro
núcleo urbano de Pontevedra: Turoqua.
O
Castro
das Croas ocupa
un lugar de privilexio tanto para as zonas de cultivo coma para o
dominio visual do tránsito de mercadorías
e persoas a
carón
do río Tomeza, ademais mantería unha visión de contacto con outros
castros próximos; se ben, temos que entender que a vexetación sería
moi diferente a actual e o clima sería máis duro. Entraría,
este
xacemento,
na nómina dos máis antigos de Galicia, dentro da primeira fase da
cultura castrexa, con uns 2600-2700 anos de
antigüidade. Outros
tamén moi antigos son os de Torroso en Mos ou o de Penalba en Campo
Lameiro.
Unha das características construtivas deste primeiro
momento cultural é o polimorfismo; ou sexa, que os poboados
presentan diferencias entre
si,
tanto nas súas construcións domésticas como defensivas. Estariamos nun momento de transición entre a Idade do Bronce e a do Ferro;
aínda non podemos falar dunha uniformidade dentro da cultura
castrexa. a cal empezaría
a evidenciarse
no século V a. C. O
castro, dunha
hectárea de extensión,
presenta
unha
croa –parte
máis elevada do poboado–
e
dous recintos con terrapléns defensivos; o primeiro ten forma oval,
mentres que o segundo, localizado na zona oriental, trátase dun
aterrazamento con restos
dunha
poderosa
muralla
sobre o terraplén.
Foron
os comuneiros –da
Comunidade de Montes de Salcedo– os
que descubriron os restos do poboado en 1991. En 1992
Víctor Barbi e seu equipo foron os primeiros en escavar, durante dez
días, no castro. En 1993
acometeuse unha escavación dirixida por Antonio de la Peña Santos,
arqueólogo do Museo de Pontevedra, con motivo da construción da
autoestrada AP-9. Apareceu
un tramo da muralla e unha estrutura.
O
especialista teorizou coa posibilidade de que se tratara dun castro
en construción, e que nunca se chegara a habitar.
No
pasado ano 2014 emprendeuse unha nova escavación, auspiciada polo
Concello e outros organismos e asociacións, dirixida por Eduardo
Méndez. Foi entón
cando
se puido profundar un pouco máis sobre as impresións da anterior
intervención. Nesta
ocasión, con maiores posibilidades tanto tecnolóxicas como de tempo
e estudo, os achados
realizados deron a luz a
dúas estruturas
anexas, de
posible reforzo á muralla,
que
nos falan ata o de agora dun mesmo momento de ocupación; un lousado no exterior dunha
cabana e restos materiais cerámicos, líticos (pedras de moer) e
antracolóxicos (carbóns e madeiras carbonizadas). Tamén se enviaron
mostras para análises
polínicas
e, por medio do carbono 14, aproximar unha cronoloxía ao xacemento. Existe
na extensión do castro, un gran bloque monolítico ciscado no chan,
no cal algún estudoso quixo ver unha posible pedrafita ou menhir.
O
proxecto –ambicioso
na posta en valor e difusión dos restos–
ten pensado continuar coas escavacións en futuras campañas; delas
poderemos
tirar,
con seguridade,
moitos máis segredos
deste vello castro.
Unha antiga lenda fala dunha moura que vive baixo o Castro das Croas nun palacio. Esta agochaba tesouros e aparecíase ás persoas que levaban o gando, coas cales pactaba riquezas por comida; ademais esixía o seu silencio sobre o que habían visto. Pero as mulleres dos homes que viran á moura conseguían que estes lle contasen o sucedido, tralo cal a desgraza caía sobre eles. Evidencian este tipo de lendas a sociedade de tipo patriarcal que imperaba no rural galego, onde as mulleres son vistas como causantes de males, consecuencia dun marcado machismo. A lenda fora recollida por José Casal e Lois –gran erudito pontevedrés– e tamén foi publicada por Murguía na súa afamada obra Galicia, polo que trátase dunha das lendas de maior popularidade na nosa terra.
Para saber máis:
-
APARICIO CASADO, B.: Mouras
serpientes, tesoros y otro encantos. Mitología popular
gallega. Cadernos do Seminario de Sargadelos, nº 80, Ediciós do
Castro, Sada-A Coruña, 1999.
- DE LA PEÑA SANTOS, A.: Galicia. Prehistoria,
castrexo e primeira romanización. A Nosa Terra, Vigo, 2003.
- MARTÍNEZ BARREIRO, V. M.: «El castro de As Croas . De la intervención al olvido», Pontevedra. Revista de estudios provinciais, nº 24, 2015, pp.43-49.
- QUINTÍA PEREIRA, R.: Monte das Croas. Antropoloxía dun castro. Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, nº 5, 2016.
- QUINTÍA PEREIRA, R.: Monte das Croas. Antropoloxía dun castro. Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, nº 5, 2016.
- Castro das Croas. Diario de escavación.
(Dispoñible en YouTube).
Inicio dos traballos no Castro das Croas en Salcedo.
2014. (Fonte:www.lavozdegalicia.es).
Comentarios
Publicar un comentario