FILGUEIRA VALVERDE E A SEMANA SANTA
Mateo Fontán Couto
Neste
ano de
2015, se
lle adica o Diá das Letras Galegas á figura do pontevedrés
Xosé Fernado Filgueira Valverde (1906-1996).
Persoa de
fonda e manifesta relixioxidade, participou
fortemente
na recuperación das celebracións da Semana Santa na
nosa cidade
e formou
parte do grupo de persoas que
reactivaron as procesións pontevedresas.
Un dos seus grandes amigos fora o artista e
sacerdote Luís Pintos Fonseca, verdadeira alma
mater do que
podemos
considerar a
Semana
Santa moderna
da cidade do Lérez.
O seu
pai, Xavier Pintos Fonseca, era
en 1924 «cofrade
común»
na primeira refundación da Confraría do Corpo Santo, igual
que o era
tamén Filgueira, que
ademáis sería un dos vedores. Do
mesmo modo, existe constancia da súa colaboración coa Confraría da
Vera Cruz e Misericordia, a decana das que que a partir de 1949 irían
formando o
actual mapa confrade da Semana
Santa pontevedresa.
Fundou
Filgueira Valverde
a Confraría
do Espírito
Santo en 1952.
Pronto
sería coñecida como a Confradía do
Instituto,
xa
que logo a maioría dos confrades desta nova agrupación relixiosa
serían estudantes e
ex estudantes vinculados
a
ese centro de ensinanza –o
Instituto Masculino
de
Pontevedra–
do
que Filgueira foi mestre,
e logo
tamén
director
dende
1944
ata 1976.
Esta
confraría
participará de forma moi activa, alén das procesións, en diversos
actos e oficios
litúrxicos
que se celebraban nos templos da cidade; tal
eran o lavatorio
de pés no Xoves Santo, a adoración da Cruz para o Venres ou a
custodia do Lignum Crucis e a cerimonia
do lume
na vixilia pascual do Sábado Santo. Tamén
levaban a cabo, os mozos e mozas dos institutos, o Acto da Quinta
Angustia que se celebraba en San Domingos e que formaba parte dos
entrañables acontecementos da Semana Maior de
fai algunhas décadas.
Mesmo
hoxe en día, na celebración dos Viacrucis que a Contradía
do Espírito
Santo organiza
durante a Coresma no Convento de Santa Clara,
recítanse durante as Estacións pasaxes de Paul Claudel versionados
por Filgueira. Asemade,
nestes
Viacrucis participa o Coro dos ex
Cantores
do Instituto,
que fora outra das iniciativas –a
do Coro do Instituto–
vertida polo erudito pontevedrés, tendo
unha
forte presenza en
diversos actos durante
toda a Semana de Paixón.
Fomentou,
a
súa vez,
o coñecemento desta celebración adicando unha parte da súa copiosa
produción literaria ao tema da Semana Santa
dende
un punto de vista histórico,
antropolóxico,
artístico
e
musical, ademais do meramente sentimental. De
feito, no
seu último ano de vida aínda publica
dende
as páxinas do programa da Xunta Coordinadora da Semana Santa de
Pontevedra. Deu
varias conferencias pola xeografía galega, facendo
gala do seu instinto
divulgativo,
e auspiciou
dende
o seu querido Museo, a elaboración de exposicións
e outras actividades relacionadas co tema.
É
cousa manida o de referirse á persoa de Xosé Filgueira Valverde
como
a de un home polígrafo... de moitos saberes. Sendo certo, cómpre
salientar
o compromiso coa súa fe. Iso si, sempre dende o evidente
carácter humanístico do
vello
profesor.
Artigos
- “Liturgia Pascual” (co pseudónimo Martín Valerio), El Pueblo Gallego, 27-III-1937.
- “Díptico de Pasión” (co pseudónimo Martín Valerio), El Pueblo Gallego, 1937.
- “En la Semana Mayor de 1667”, Spes, Abril, año 1941, nº 76, Pontevedra, 1941.
- “Visita al Museo de Pontevedra en los días de Semana Santa”, Spes, Marzo, año 1951, nº 195, Pontevedra, 1951.
- "Visita al Museo de Pontevedra en los Días de Semana Santa", en Semana Santa (revista), edición 1953, imprenta C. Peón, Pontevedra, 1953.
- “La representación Ad significationem Sepulcri”, Litoral, número extraordinario de Semana Santa, 1954.
- "Las procesiones de antaño. El litigio del traje de golilla", en Semana Santa (revista), edición 1954, imprenta Hijos R. Paz, Pontevedra, 1954.
- "«Seldros» de Cofradía en el Museo de Pontevedra", Ouriveraría portuguesa, Nº 13-14, Porto, 1951, pp.16-22. O mesmo texto inclúese en O Museo de Pontevedra na obra de D. Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 1997, pp. 223-230.
- “«Semana de Pasión en el Museo de Pontevedra». Comentarios a dez obras dos séculos XV-XVII", Faro de Vigo, 4-IV-1969. O mesmo texto inclúese en O Museo de Pontevedra na obra de D. Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 1997, pp.85-96.
- "O xogo dos petos na Pascua", Adral. Glosas publicadas semanalmente no Faro de Vigo. 10-4-1977. O mesmo texo inclúese en Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1979, pp.130-134.
- “Os costumes da Pascua”, Adral. Glosas publicadas semanalmente no Faro de Vigo. 26-3-1978. O mesmo texto inclúese en Segundo Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1981, pp.130-132.
- "As sete dores", Adral, Glosas publicadas semanalmente no Faro de Vigo, 8-4-1979. O mesmo texto inclúese en Segundo Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1981, pp.128-129.
- “La Pascua en Galicia”, Adral. Glosas publicadas semanalmente no Faro de Vigo. 15-4-1979.
- “La Pascua en Galicia”, Quodlibet. Serie de artigos publicados no Ideal Gallego. 15-4-1979.
- "Os ilustrados e o traxe de golilla", La Voz de Galicia, 30-IV-1987. O mesmo texto inclúese en V-Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1990, pp.103-106.
- "As Dores da Nosa Señora", VII-Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1992, pp.134-138.
- "Na Semana Maior", VII-Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1992, pp.139-143.
- “O esprito relixioso dos Mareantes da Moureira”, Nodales, Corpus 1989, Pontevedra, pp.11-13. O mesmo texto inclúese en VI-Adral, Ediciós do Castro, A Coruña, 1990, pp.98-100.
- Via Crucis. Fragmentos de Paul Claudel, versión de J. Filgueira Valverde, Cofradía del Espíritu Santo bodas de oro 1953-2003, Pontevedra, 2003. Publicouse unha versión en galego na revista Grial, Nº 20, pp.194-199, 1968.
Textos
nos programas da Semana Santa de Pontevedra
- "Las procesiones de la Semana Mayor de Pontevedra en el «Carmen Patrium» del P. Amoedo (1787)", en Semana Santa Pontevedra 1990, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra, 1990.
- "As sete dores da Nosa Señora", en Semana Santa Pontevedra 1991, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra, 1991.
- "A Virxe da Piedade en Pontevedra", en Semana Santa Pontevedra 1992, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra, 1992.
- "Dúas representacións da trinidade na Basílica de Santa Maria", en Semana Santa Pontevedra 1993 y 1997, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra, 1993 y 1997.
- "A visita ó Museo no Xoves Santo a «Apoteosis Eucarística» de Rubens", en Semana Santa Pontevedra 1994, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra, 1994.
- "A procesión do Santo Enterro lembrada polo P. Sarmiento", en Semana Santa Pontevedra 1995, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra, 1995.
- "Das «Emparedadas» á capela de Xesús Nazareno", en Semana Santa Pontevedra 1996, Junta Coordinadora de la Semana Santa de Pontevedra, Pontevedra ,1996.
Cursos e
Conferencias
- "Etheria, peleriña galega dos Santos Lugares”, radiada en Labor Galega de Pontevedra o Martes Santo de 1935.
- “Semana Santa en Galicia”, Círculo das Artes, Lugo, Marzo de 1956.
- "Semana Santa en Santiago", Salón Artesonado de Fonseca, Santiago, 14-IV-1962.
- "Semana Santa en la vieja Pontevedra", Junta Coordinadora, Casino de Pontevedra, 27-III-1972.
- "Tradiciones pontevedresas de la Semana Santa", Salón Noble de la Excma. Diputación Provincial, Pontevedra, Lunes Santo de 1972.
- "Victoria y su música de Pasión", Biblioteca Municipal de Marín, 4-III-1973.
- "T. L. De Victoria y la Hebdomada Sacra", Colegio Mayor Fonseca de la Universidad de Santiago, 29-III-1974.
- “Liturgia musical de la Semana Santa: las «Pasiones» cantadas", Escuela de Secretarias “Aloya”, Vigo, 13-IV-1974.
- "A semán Maior en Betanzos", Iglesia de Santiago de Betanzos. Con la coral Polifónica, 21-III-1975.
- "A semán Maior en Viveiro", Teatro. Viveiro, 12-IV-1976.
- “A Semán Maior en Galicia”, Radio 80 Pontevedra, 31-III-1983.
- "Pregón de Semana Santa", Colexiata de A Coruña, 31-III-1990.
- "As festas da Pascua", 27-III-1992.
- “A polifonía relixiosa de Semana Santa”, Concerto da Sociedade Polifónica de Pontevedra, Igrexa Colexiata da Coruña, 23-III-1994.
- "A Virxe dos Doores", Radio Galega, 29-III-1994.
- "Costumes da Pascua", Radio Galega, 4-IV-1994.
- “O ciclo da Semana Santa”, en A Festa. Antropoloxía Lírica. Curso de Doutoramento. Real Academia de Belas Artes. A Coruña, do 16-VI-1994 ao 2-VII-1994.
Exposicións
- La Pasión de Cristo en el Arte. El Museo de Pontevedra. Exposición CXXVI, 1942.
- La Pasión en el Arte. El Museo de Pontevedra. Exposición del 12 de Abril al 12 de Mayo de 1981.
Filgueira
Valverde nunha procesión da Semana Santa en
Pontevedra.
(Fonte:
Arquivo Gráfico do Museo
de Pontevedra).
Artigo publicado no Diario de Pontevedra o Mércores
Santo, 1 de Marzo de 2015. Tamén dispoñible en http://filgueiravalverde.gal/
Comentarios
Publicar un comentario