LUÍS AMADO CARBALLO: O XOVE POETA PONTEVEDRÉS
Mateo Fontán Couto
Con tan só vinte e seis anos de idade morría
en Pontevedra, a
causa da tuberculose, Luís Gustavo Amado
Carballo, un dos poetas de maior influencia na lírica galega
posterior a pesar da súa curta
idade e obra que deixou feita.
Naceu en Pontevedra un 2 de maio de
1901, na casa número 9 da rúa do Progreso, hoxe
Benito Corbal. Fillo de Luis
Amado de la Riega e Consuelo Carballo Pesqueira, natural de Pontevedra
o primeiro e de Redondela a segunda. Seus avós tamén eran da cidade
do Lérez coa excepción da avoa materna que era natural de Santiago
de Compostela. O apelido de la Riega o emparentaba co celebre
historiador Celso García de la Riega, introdutor da teoría do Colón
galego.
Foi ao colexio Balmes de Pontevedra
e ao Instituto Xeral e Técnico
da mesma cidade. Cursaría estudos superiores, entre Santiago e
Madrid, en Filosofía e Letras sen que chegase a rematalos. Foi
precisamente en Madrid onde fraguou
o seu gusto literario, coñecendo diversos personaxes, frecuentando o
faladoiro do café Pombo e colaborando coa publicación La
Tribuna. Xa de volta en Pontevedra escribirá en A Nosa Terra.
Os traballos sucederanse: en 1922 publica na revista Alborada
–que
el mesmo funda xunto con Xoán Vidal–
o conto “Maliaxe”;
durante 1924 vai publicando poemas en La
Concordia, de Vigo; máis adiante
traballará para El Pueblo Gallego,
Progreso,
Vida Céltica e
outras cabeceiras. A
novela
Os probes de Deus
chegou en 1925
na
colección Lar.
Casou
con María López Fernández na basílica de Santa María o 10 de
decembro de 1924; ambos
se viran por primeira vez doce anos antes, no Teatro Principal, cando
Luís,
de fráxil aspecto, declamara o poema de Gastañaduy «Un vello
paroleiro», e ela tocaba o piano en compaña do seu pai. A
María
dedicaralle os poemas contidos na súa obra Proel.
Un ano
despois, en 1925, contrae a tuberculose pulmonar que levarao a
abandonar o xornalismo e retirarse,
por prescrición médica, a Soutelo de Montes. No entanto,
de deíxase
caer polo barrio pontevedrés de Santa Margarida cando pode, e alí
compoñerá a maioría dos poemas de O galo.
En
1927 titulouse como mestre.
O seu único libro
de poemas
publicado en vida foi Proel,
en 1927. Máis adiante, amigos do poeta darán a luz O
galo,
compilación do material poético de Luís publicado en Nós. Desde
entón, o interese pola súa obra foi medrando enormemente ata
consideralo como un renovador da lírica galega do momento.
Ao
cabodano
de fenecer, o Seminario de Estudos Galegos homenaxeouno na súa
sepultura no cemiterio de Santo Amaro.
En 1982 se lle adicou o Día das Letras Galegas.
Mostrou
interese polos temas esotéricos e seguiu de preto
os movementos galeguistas –manterá polémicas con Vicente Risco–;
a terra, descrita a xeito impresionista, será unha constante nos
seus versos xunto co amor.
A
lírica de Amado Carballo baséase nunha métrica tradicional que dá pulo a vivas imaxes paisaxísticas, descritas de forma maxistral.
Pretende dar equilibrio a elementos enxebre e a outros de
vangarda.
A figura humana deixa o seu lugar na obra do vate a favor da paisaxe,
ben
sexa rural, urbano, mariñeiro, campesiño ou
das terras do Lérez. Fálase
dunha escola pontevedresa,
hilozoista
ou
amadocarballista a
partir da obra de Luís
Amado. O certo é que se foi moi cedo, cando comezaba
a dar o mellor de si mesmo. Quen sabe ata onde podería ter chegado o seu delicado talento?
NOITE
A
cidade pesca á ardora
e
diante da súa rede
de
luces de ouro tomado
foxe
a lúa como un peixe
(Proel,1927)
Para
saber máis:
-
AMADO
CARBALLO,
L.: Obras
en prosa e verso,
Edicións Castrelos, Colección Pombal-Serie Verde, Vigo, 1970.
-
FILGUEIRA
VALVERDE,
X.: “Amado Carballo no Día das Letras Galegas.1982.”, Terceiro
Adral,
Ediciós do Castro/Ensaio, Sada-A Coruña, 1984, pp.385-391.
-
LÓPEZ
CASANOVA,
A.: “O sistema poético de Amado Carballo (para unha análise do
impresionismo eglóxico na lírica galega moderna)”, en
Eduga: Revista galega do ensino,
nº 38, 2003, pp.76-103 (Dispoñible en PDF).
- RUIBAL,
A.: Pontevedreses,
edita Lérez Edicións S.L., Pontevedra, 2006.
Luis Amado Carballo
Placa na casa de Amado Carballo en Pontevedra
(Foto: Mateo Fontán)
Comentarios
Publicar un comentario