UNHA IMAXE PROCEDENTE DA CASA DE FILGUEIRA VALVERDE

 Mateo Fontán Couto

No 2015 Ángeles Filgueira Iglesias lía en Madrid un afectivo discurso titulado "Filgueira Valverde en zapatillas" con motivo das Letras Galegas e que, máis adiante, se publicaría na revista Madrygal (20, 18 201-204). Nel fai referencia a un oratorio que tiñan na casa cunha Virxe do Carme sorrinte que acabaría na parroquia de San Xosé, en Campolongo. A talla corresponde, con seguridade, á das fotos que engado. Non leva moito tempo ao culto (acaso un par de anos) e atópase a carón da porta de saída do templo. Non estaría de máis un carteliño indicando a súa procedencia.


    (M.F.C.)

O Texto de Ángeles di así:





  A talla na igrexa de San Xosé    (M.F.C.)

Post na miña páxina de Facebook publicado o 10/01/2023

Comentarios

Publicacións populares