ESCALOS DO LÉREZ
Mateo Fontán Couto
Para saber máis:
No transcurso do río Lérez descubrimos numerosas
especies animais conformando un mundo paralelo ao noso. Temos á ra
verde; o mexillón de río; as troitas, das cales as migratorias
denomínanse reos; as saborosas lampreas; o salmón remontando as
augas para a súa reprodución; a cobra de auga de aspecto semellante
á velenosa víbora pero coa pupila redonda; o escorpión de auga,
etc.
Pero sen dúbida o peixe máis abundante de ver no
senlleiro río da cidade é o escalo. Tamén coñecido como cacho,
cachizo ou xardo o seu nome científico é o de squalius
carolitertis. Posúe un corpo
alongado cuxa media
oscila entre os 25 e os 30 cm. A cabeza é grande con boca ínfera,
e sen barbelas. O lombo deste
ciprínido adoita ser de cor
castaña-dourada aínda que a coloración
pode cambiar noutros ríos (verde negrume, apardazado...), a zona
ventral é máis clara que a dorsal. Posúe
unha aleta curta e alta.
Pequenas manchas negras
percorren o seu corpo estilizado podendo acadar 1,5 kg. de peso,
sendo máis normal os 200-300 gr.
Escalo (Imaxe: http://www.rios-galegos.com/pe10.htm#Características)
A localización deste
peixe circunscribise a Portugal e os ríos occidentais de España. En
Galicia están representados nos cursos inferiores e medios de todo
tipo de concas, agás nos regatos de montaña e os que desembocan
directamente
no mar onde resulta máis difícil velos. Ata
o de agora, esta especie resiste a eutrofización –isto é a
abundancia anormalmente alta de nutrientes nun ecosistema– sen
problema ningún. Polo tanto,
teñen a capacidade de poder
vivir en augas contaminadas.
No inverno buscan zonas
temperadas namentres que en épocas cálidas soen estar máis ao
fondo, xunto á
vexetación.
Área de distribución do escalo (Imaxe: http://gl.wikipedia.org/wiki/Escalo_(peixe)
O desove fase
en grupo, durante a primavera
e o verán; aos machos sáenlles uns tubérculos nupciais pola
cabeza e a parte inferior do corpo. A
posta de ovos prodúcese en augas máis baixas, con
forte corrente, e terreos
areosos ou pedregosos, podendo
ir dende os 50.000 ata os 200.000 ovos. Aos cinco u oito días os
ovos fan eclosión, as larvas de escalo pasarán a ser adultos cara
os cinco anos, nese momento deixarán
de ser gregarios a ser peixes solitarios.
Cando
nacen, a
súa alimentación basease en pequenos invertebrados. A medida que o
escalo vai medrando a súa dieta aumentará incluíndo algas
bénticas, insectos,
ovos ou mesmo pequenos anfibios. O
bass -ou perca
americana- é un dos grandes depredadores do escalo ao igual que o
lucio, ámbalas dúas especies non son orixinarias dos nosos ríos,
foron introducidas.
O escalo é un deses
peixes abondosos nos nosos cursos fluviais, pódense ver a decenas
sobre todo nos meses de maio a xuño. A súa pesca considerase doada,
entrando a cana e a pluma, e antigamente vendíanse nalgunhas
rexións. Dos moitos amigos que o Lérez ofrécenos, o escalo
conforma unha imaxe cotiá, desas
que quedan gravadas na memoria colectiva dunha cidade, pois de sempre
o seu percorrer
as augas chama a atención de cativos e maiores.
(Imaxe: http://www.azibo.org/peixesauto.html)
Para saber máis:
- Atlas de
vertebrados de Galicia. Peixes, anfibios, reptiles e mamiferos,
Tomo I, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1995.
- Mergullados
no Lérez. A fauna subacuática dos ríos de Pontevedra,
Fotografías de Jorge J. Candán, Departamentos de Comunicación e
Medio
Ambiente Natural do Concello de Pontevedra, Pontevedra, 2009.
Comentarios
Publicar un comentario