PLACAS DE PONTEVEDRA

Mateo Fontán Couto

Existen en tódalas cidades e poboados e pode ser –teño eu esa sensación– que moitas ou a maioría delas sexan unhas grandes descoñecidas. As placas conmemorativas ou de homenaxe nos falan de nomes ilustres ou grandes acontecementos dignos de ser lembrados. Outras sinalan o lugar de nacenza ou a casa onde morreu tal ou cal eximio personaxe.

As rúas ou avenidas poden levar o seu nome gravado sobre artísticas placas. Tamén son moi numerosas as que forman parte dun monumento ou as que indican a data da inauguración de edificios institucionais ou construcións. Algunhas van unidas a grandes pedras formando o que coñecemos como monólito. Outras  recordan aniversarios ou indican algún feito relevante no sitio onde se atopan instaladas. Todas procuran a memoria dalgún feito ou persoa e non debemos darlle as costas ao que nos teñen que contar. Tamén existen as placas que anuncian profesións ou establecementos, ou incluso as que sinalizan algo, posuíndo un sentido máis ben simbólico. 

Ás veces as placas desaparecen ou son roubadas. En Pontevedra poderiamos sinalar a que se lle dedicou, por parte do Centro Gallego de Barcelona, á moi nova poeta Pilar Bértola, que gozou de fama como gran declamadora. Dous anos despois da súa tráxica morte, en 1936, unha placa de bronce, que incluía o busto da moza, foi colocada na súa casa no Campo do Boi. Despois dun incendio a casa foi reconstruída e nunca máis se soubo da placa, a cal nin se chegou a recolocar. Outra placa desaparecida na nosa cidade foi unha en homenaxe á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, instalada a moi mala altura na balaustrada da rúa Laranxo. Un pregúntase que si foron merecentes dunha placa de homenaxe, por que non o son da restitución da mesma en caso da súa desaparición? Éche un misterio!

Noutras ocasións as placas son reclamadas pola cidadanía pero, coido que debido ao influxo do mesmo trasno que as leva, nunca chegan a se materializar. A placa no lugar onde tiña o despacho Casto Sampedro e onde se producía un dos grandes faladoiros da Pontevedra da época, sendo “cuartel de operacións” para a Sociedade Arqueolóxica, foi solicitada varias veces en diversos medios. A da casa de toda a vida de Filgueira Valverde segue sen chegar cando, por exemplo, a situada no edificio onde viviu Maria Victoria Moreno xa loce oufana para a nosa cidade. Ambos foron homenaxeados no a das Letras Galegas, ambos a merecen, pero un non a ten. Á súa vez, na casa natal de Valentín Paz Andrade, en Lérez, as paredes móstranse espidas de recoñecementos. O mesmo ocorre nas casas onde nalgún momento viviron persoeiros como Losada Diéguez, Celso Emilio Ferreiro ou Torrente Ballester, por citar uns poucos exemplos.

As placas son encargos, a gran maioría das veces, das administracións ou das asociacións e adoitan a se realizar en metal, sobre todo bronce. Tamén as atopamos en pedra ou, máis raramente, noutros materiais como plástico ou o polimetilmetraquilato. Miremos máis para elas e apreciémolas na medida en que nos axudan a lembrar e –case sempre– a facer xustiza.


ALGUNHAS PLACAS EN PONTEVEDRA

De homenaxe e conmemorativas



A María Victoria Moreno


Sala universitaria profesor Manuel Moldes


En memoria de Sebastián González García-Paz


A Manuel Murguía


Aos irmáns Aurora e Xoán Vidal Martínez


A Ricardo Portela Bouzas "Gaiteiro de Viascón"


A Celestino Poza Pastrana


A Xosé Filgueira Valverde (I.E.S. Sánchez Cantón)


A Juan Bautista Andrade


Ao establecemento "La Navarra"


Aos irmáns Nodales


A Leandro del río Carnota


A José Antonio Fernández Recuna (Igrexa de San José)


Á Orde Franciscana


Aos País Franciscanos


A Alonso de Fonseca


A Arturo Souto


A Manuel Quiroga Losada


A Manuel Quiroga (no Teatro Principal) 


A Manuel Silvestre Armero


A Perfecto Feijoo Poncet


A Perfecto Feijoo


Á Sociedade Coral Polifónica (desaparecida)


A Frei Martín Sarmiento


A Valle-Inclán


A Claudio González Zúñiga


A Casto Méndez Nuñez


A Xoán Manuel Pintos


A Víctor C. Mercadillo


A Juan Vilaverde Barcala


A Concepción Arenal


A Casto Sampedro


A Casto Sampedro


Á "The west Galicia Railway Company Limited"



Aos fregueses soterrados en Santa María


Á colección poética "Benito Soto"



No centenario da iluminación eléctrica de Pontevedra

Ás víctimas do Villa de Pitanxo

50 anos chegada do home á Lúa e reforma en praza de Barcelos







Rúas, prazas, parques...

Parque Amalia Álvarez


Rúa Iglesias Vilarelle


Paseo Antonio Odriozola


Avenida de Augusto Sánchez


Praza de Ourense


Rúa Juan Novás



    Placa realizada por Fernando Campo Sobrino para a rúa Gregorio Hernández, hoxe Pasantería


Asociadas a monumentos / monólitos


                          Con motivo da primeira sentenza xudicial en lingua galega...


Na  memoria das vítimas antifascistas


     Con motivo do 70 aniversario do Pontevedra C. F. 


                                           A Frei Martín Sarmiento (Albergue de Peregrinos "Virgen Peregrina")


            Ás mulleres que ían ao muiño á beira do Río dos Gafos


 Recuperación do espazo do Río dos Gafos


Restauración de cruceiro do s. XVI


No conxunto escultórico da Tertulia


 No antigo monumento a José Martí


Na escultura "Moza con Galiñas"


No monumento a Rosalía de Castro


No monumento á Paz e á Libertade


No monumento á Praza de Touros 

Monolito pola adquisición do convento de Santa Clara


Inauguracións


Recuperación Río dos Gafos


Remodelación da Praza de Barcelos


Inauguración aparcamento subterráneo de Barcelos


Ponte dos Tirantes


Ponte dos Tirantes


Ponte dos Tirantes


Inauguración Recinto Feiral


Rehabilitación do Edificio Sarmiento


Inauguración da iluminación artística de Santa María


Inauguración Edificio dos Xulgados


Obra na Illa do Covo


Inauguración da Senda do Lérez


Inauguración Parque do Lérez


 Inauguración da ponte de acceso Lérez-Monteporreiro


Inauguración da Ponte das Correntes


Inauguración Centro Vialia Estación de Pontevedra


Inauguración novo Edificio Xudicial


Rehabilitación do Mercado de Abastos

Acondicionamento da Xunqueira de Alba



Outras
Xubileo Basílica de Santa María

Xubileo Basílica de Santa María


50 Aniversario Basílica de Santa María


Na antiga Porta do Camiño


No Parador Nacional de Turismo


No Edificio Fernández López


Premio Aproin 2007 Edificio Galego


Nas farolas da Ferrería


Placa falanxista do Ministerio de la Vivienda


 Símbolo do Comercio na Zona Monumental


Café-Bar Rúas  


Placa dos Amigos do Camiño Portugués no albergue para peregrinos




Comentarios

Publicacións populares