EXVOTO
Non atopo o punto negro
daquel exvoto,
mais si coñezo a fartura do movemento
vírico
que se expande ideal dende a cama.
Sei da precisa ofrenda
provocadora dunha corrente testa
da cera e da parafina,
estas que outorgan pago e senso
ao óleo sepultado.
Mateo Fontán Couto
Comentarios
Publicar un comentario