MAIOS EN PONTEVEDRA
Mateo
Fontán Couto
A orixe deste festexo resulta incerta. Para algúns especialistas tería unha procedencia céltica, para outros habería que ter en conta as celebracións clásicas (gregas e romanas) relacionadas coa agricultura. Posteriormente, a cristianización tería unha forte influencia nesta festa ou ciclo do maio cuxas diferentes mostras por toda Europa alcanzarán un importante pulo a partir da Idade Media.
Galicia é un bo exemplo de diferentes manifestacións do ciclo do maio, témolas agrarias, pecuarias, mariñeiras, lúdicas, amorosas, ou cristiáns. Dentro dalgunhas destas manifestacións pódense dar diferentes formas como, por exemplo, nas agrarias onde atopámonos co rito de alumear o pan para a protección das sementes, ou a colocación de ramos protectores nas terras de cultivo; nas manifestacións amorosas e nas cristianizadas tamén existen variantes moi curiosas: maios amorosos, enramadas, os quintos, cruces de maio, o santoral...; pero son as manifestacións lúdicas as que mellor se conservan nos noso días, e dentro destas encádrase a celebración dos maios, a cal coñecemos mellor por ser a que se dá na nosa cidade.
Xunto ao maio en si mesmo, destaca a elaboración en catro versos con estrutura de romance, das coplas que se recitan durante o concurso e que soen versar sobre a chegada da primavera, o esforzo que deu a realización do maio ou, as que máis, sobre crítica social. Do grupo de rapaces que cantan, un deles situarase debaixo do maio e os demais, arredor do cono vexetal, baterán os paus con que acompañan o seu canto. O rapaz ou rapaza de dentro do maio canta cun ritmo lento mentres os da roda están parados. Ao rematar, os da roda baten os paus e despois lévanos aos ombreiros para comezar a xirar arredor do maio ao tempo que repiten a copla con un ritmo máis rápido. Despois volven a bater os paus e detéñense. Esta é a forma tradicional de interpretar a copla, aínda que pode darse algunha variante.
A festa dos
maios posúe un forte vínculo cos pobos de tradición agraria, onde
a natureza e os seus ciclos determinan en boa parte as condicións de
vida, os pesares e as celebracións. Desde moi antigo o home prestou
atención a cando a natureza rexurde, coa chegada do bo tempo e o
estoupar das flores. Así, o ciclo do maio recorda o espertar da
natureza, pero tamén alude ao sentimento do amor, aguilloado por
estas datas, e á protección de colleitas e gando.
A orixe deste festexo resulta incerta. Para algúns especialistas tería unha procedencia céltica, para outros habería que ter en conta as celebracións clásicas (gregas e romanas) relacionadas coa agricultura. Posteriormente, a cristianización tería unha forte influencia nesta festa ou ciclo do maio cuxas diferentes mostras por toda Europa alcanzarán un importante pulo a partir da Idade Media.
Galicia é un bo exemplo de diferentes manifestacións do ciclo do maio, témolas agrarias, pecuarias, mariñeiras, lúdicas, amorosas, ou cristiáns. Dentro dalgunhas destas manifestacións pódense dar diferentes formas como, por exemplo, nas agrarias onde atopámonos co rito de alumear o pan para a protección das sementes, ou a colocación de ramos protectores nas terras de cultivo; nas manifestacións amorosas e nas cristianizadas tamén existen variantes moi curiosas: maios amorosos, enramadas, os quintos, cruces de maio, o santoral...; pero son as manifestacións lúdicas as que mellor se conservan nos noso días, e dentro destas encádrase a celebración dos maios, a cal coñecemos mellor por ser a que se dá na nosa cidade.
Certame na Ferreria en 1904 (Foto: Zagala) |
Maios en 2016 (Foto: Mateo Fontán) |
Podemos diferenciar catro tipos de maios: os ramos de maio, os maios
humanos, os maios figurados e as maias. Resulta de gran interese as
peculiaridades de cada un, os traballos de Clodio González son moi
reveladores e entretidos para coñecelos.
Pontevedra
celebra unha das festas dos maios máis coñecidas e salientables de
Galicia. Cara a finais do
século XIX saían en dúas ocasións: o día 1 era a quenda para o
maio pagán coas coplas realizadas
en galego; o día 3 saía o maio cristián, cuxo remate tiña forma
de cruz, coas coplas interpretadas en castelán. Esta
celebración entraría en decadencia a mediados do século XIX; os
maios que concorrían xa non tiñan que ver cos de toda a vida –de
forma cónica para Pontevedra–,
tiñan
estrañas figuras
e estaban feitos de cartón pintado. Foi entón cando en 1887 o xornal O
Galiciano convocou un concurso
para recuperar a tradición. A este concurso seguiríanlle outros a
cargo de La Correspondencia Gallega ou
a Cruz Vermella. Trala Guerra Civil a festa entraría nun novo
declive na década dos 60 ata que en 1972 xurdiu un novo concurso
auspiciado pola asociación Amigos da Cultura. Na actualidade é
o Concello quen leva adiante o tradicional festexo.
Maios na década de 1930 en Pontevedra (Foto: Pintos) |
Maios en 2012
(Fotos: Mateo Fontán)
Entre os materiais para a realización dos maios encóntranse aros
de barril de diferente diámetro, canas delgadas, agullas ou
instrumentos máis modernos como arame ou cordel. Os compoñentes que
darán materialidade ao maio son o manto vexetal de fiúncho e mais
os adobíos: feixes de pampillos, laranxas, ovos baleirados
previamente, margaridas, calas, rosas e camelias serían os materiais
máis tradicionais. A estrutura é piramidal con base cadrada e andas
feitas con varas paralelas na base. O maio adoita ir acompañado por
unha coroa feita cun pau longo onde deséñanse diferentes
motivos: vexetais, xeométricos ou artísticos realizados cos mesmos
elementos naturais.
Xunto ao maio en si mesmo, destaca a elaboración en catro versos con estrutura de romance, das coplas que se recitan durante o concurso e que soen versar sobre a chegada da primavera, o esforzo que deu a realización do maio ou, as que máis, sobre crítica social. Do grupo de rapaces que cantan, un deles situarase debaixo do maio e os demais, arredor do cono vexetal, baterán os paus con que acompañan o seu canto. O rapaz ou rapaza de dentro do maio canta cun ritmo lento mentres os da roda están parados. Ao rematar, os da roda baten os paus e despois lévanos aos ombreiros para comezar a xirar arredor do maio ao tempo que repiten a copla con un ritmo máis rápido. Despois volven a bater os paus e detéñense. Esta é a forma tradicional de interpretar a copla, aínda que pode darse algunha variante.
Fai anos existían moitos maios vinculados a diferentes barrios da
cidade e incluso viñan doutras localidades. Na actualidade son
colexios e asociacións culturais ou veciñais as que concorren ao
concurso na Ferrería o Primeiro de Maio.
Coplas e nenas con coplas
(Fotos: Mateo Fontán)
Para saber máis:
- GONZÁLEZ PÉREZ, C.: A
festa dos maios en Galicia,
Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1989.
- GONZÁLEZ PÉREZ, C.:
A festa dos maios,
Colección Raigame, nº 1, Ir Indo, Vigo, 1989.
- LÓPEZ DE SOTO, X.: Os
maios en Pontevedra entre 1848 e 1853,
Casal de Edicións, Pontevedra, 1992.
- MORGADE MARTÍNEZ, X. C.: A
festa dos maios en Pontevedra,
Ed. Concellería de Dinamización Sociocultural. Concello de
Pontevedra, Pontevedra, 2009.
Comentarios
Publicar un comentario