Mateo Fontán Couto
O
denominado street
art
xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante
diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos... Este tipo de
actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co
transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén
do
complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou
como
recurso
terapéutico.
Non
resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que
podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou
o simple feito do grafismo sucio e feo en
determinados ambientes
son
actos recoñecibles e del mal gusto. Porén,
existe
na actualidade unha tendencia ao recoñecemento de certos artistas
que coas súas obras transmiten mensaxes contestatarios, de tipo
social e ideolóxicos. Outros
procuran a mera expresión estética coas
paredes como lenzos;
o certo é que atendendo á técnica (mosaico, scratchinq, estilo
libre...) e ao motivo (abstracto, 3-D-, taqquinq...), podemos atopar
unha variada gama de arte rueira que ocupa cada vez maior espazo na
linguaxe artística actual. Nomes como os de
Bansky, Feckner, Fairey e varios
máis
son
verdadeiros referentes desta tendencia.
Pontevedra
non é allea a arte rueira. É máis, a cidade está considerada como
un dos principais núcleos deste tipo de arte en España, xunto a
outras localidades como Barcelona, Zaragoza ou Cuenca. En Pontevedra
mesmo contamos con coñecidos practicantes desta arte como é o caso
do chamado
como Crawler, o cal leva máis de vinte e cinco anos deixando
testemuño da súa habelencia co aerosol. Hai quen ve no detalle de
que a cidade posúa unha Facultade de Belas Artes o motivo da
proliferación dos graffitis e demais técnicas.
Durante
os últimos anos o Concello sacou cara adiante varias iniciativas nas
que tratan de incluír a arte rueira na celebración de eventos. Así,
podemos atender a diferentes murais realizados con motivo da
homenaxe polo Día das Letras Galegas a Xoán Manuel Pintos ou o
máis recente de María Victoria Moreno, na Avenida Eduardo Pondal,
deseñado
por Tania Solla e executado por Polo correo do Vento. En
2016 promovéronse mostras de arte rueira dentro dun grupo de
actividades contra a desigualdade social. Tamén
o pombal do Parque das Palmeiras
foi decorado cun mural cíclico titulado “Eterno retorno”,
realizado pola empresa Cestola na Cachola en 2017. Así
mesmo,
nos festivais
musicais como o Surfing Lérez facilitáronse espazos para a
realización de graffitis con spray.
Ademais existen composicións que resultan xa iconas desta arte na
cidade como a realizada por Lameiro na rúa Almirante
Matos e que representa á Santa Compaña ou o Sacauntos de Delio
Rodríguez Ces na rúa Don Filiberto, tan influenciado polo Saturno
devorando a seus fillos de Goya, e
que responden a unha serie de encargos de murais sobre mitos rurais
galegos. Non
obstante, e
ante a proliferación de artistas e empresas, a
arte rueira de estilo puro fuxe dos convencionalismos.
O
debate sobre a valoración
artística deste tipo de manifestacións transcende a intención
destas liñas, que non é outra que a de serviren de preámbulo
para
amosar
unhas
poucas
imaxes
con mostras de arte rueira en Pontevedra. Ante
un
inexistente sistema de catalogación e estudo do fenómeno a idea é
a de xuntar
a maior cantidade de imaxes posibles, cun
valor máis testemuñal que documental,
por se de algo poden valer no futuro. Ao
respecto non estaría mal a creación dun repositorio ou algo
parecido para poder subir as fotografías que algúns fomos xuntando.
Indicamos tamén dous
enlaces electrónicos onde poder atopar máis fotografías desta arte
rueira na nosa cidade.
(Fotos: Mateo Fontán)
|
(Foto: Angel HM / Wikipedia)
|
|
(Foto: Angel HM / Wikipedia)
|
|
(Foto: Jairo Moreno) |
|
(Foto: thepkinu.com) |
|
(Foto:Wikipedia) |
Comentarios
Publicar un comentario