O TEMPO DO RECOÑECEMENTO
Mateo Fontán Couto
Dunha colleita de soños ledos
a nai mosense reparou na nena dos versos,
e coa angueira e a vella Poesía
ensinoulle a xuntar letras,
robustas e febles en singular sinfonía.
Escintilou ela soa
coma astro rosaliano,
que tremeluce co celta idioma;
e sinto que sentiu escribir pulos
cos ecos da tinta roma..., músculos literarios.
Tal coma aquela mística, aquela esposa...
tamén María Magdalena subiu ao Calvario
(ese outeiro dos libros malfadados),
en afervoada devoción polo marido
e en pos das musas fuxidías.
E chegou o tempo do recoñecemento,
na caixa dos soños cristalinos,
e aquela muller que capaz foi de escribir
“caralludamente”, até da alma dos cans,
abraia co ronsel do seu propio camiño.
Pseudónimo:
Alonieco.
Categoría: B.
presentado ao I Concurso “Escribe un poema a María Magdalena”
![]() |
María Magdalena Domínguez (Wikipedia) |
Comentarios
Publicar un comentario